Patrimonio natural

O patrimonio natural, segundo a Convención sobre a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural de 1972,[1] está conformado, de xeito similar ao patrimonio cultural, por:

  • Monumentos naturais de excepcionalidade estética ou científica constituídos por formacións físicas e biolóxicas.
  • Formacións xeolóxicas e fisiográficas así como áreas delimitadas que constitúen o hábitat de especies animais e vexetais ameazadas.
  • Lugares naturais ou espazos de excepcional valor dende o punto de vista científico, conservacionista ou estético.
  1. UNESCO (1972). "Convención sobre a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF) (en castelán). París. Consultado o 21 de outubro de 2013. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search